A downloadable revista for Windows

Historias do planeta A

Por Xela G. Caballo

Historias do planeta A é un fanzine interactivo de temática medioambiental que recolle unha serie de relatos curtos ilustrados mediante bucles de animación.  Cada un está creado cunha técnica diferente, poñendo o foco na experimentación e aprendizaxe de diversos estilos e ferramentas.

Ademais, tamén inclúe unha sección de consellos en colaboración coa xornalista medioambiental Sara Martínez López, que nos axudarán a reducir o impacto no planeta a nivel persoal e tomar conciencia ecolóxica.

O contido desta revista foi creado para o traballo de fin de grao da carreira Creación dixital, animación e videoxogos (Universidade da Coruña)


✦    ✦    ✦

Que atoparás neste fanzine?

  • 4 relatos curtos en galego
  • Opción audiolibro en todos os textos
  • Sección de consellos sinxelos aplicables no día a día
  • Ambientes inmersivos
  • Ilustración animada

✦    ✦    ✦


Só dispoñible en galego

Só dispoñible para windows

Agardo que o disfrutes! Graciñas por ler <3

©Xela G. Caballo  ©Facultade de ciencias da comunicación

Download

Download
HistoriasDoPlanetaA_XelaGCaballo.zip 930 MB

Install instructions

Descarga o zip e descomprímeo. Fai clic en CDAV_TFG_23-24_historiasDoPlanetaA.exe . Se windows o detecta como ameaza, clicar en máis información e continuar de todas formas (Non é un virus, prometido)

Leave a comment

Log in with itch.io to leave a comment.